Na Galícia
Farmacêuticos/as inspetores/as advertem sobre
possíveis riscos para a saúde nas praias poluídas
Denuncian que seguen a utilizarse a maioría delas porque non teñen os preceptivos carteis que prohiban o baño.
Do informe da UE sobre a calidade das augas das zonas de baño, publicado o pasado 25 de maio, tírase que en Galiza hai un total de 32 praias contaminadas consideradas “non aptas para o baño”. As/os farmacéuticas/os inspectoras/es, en folga indefinida desde o pasado 18 de maio, advirten que porén, seguen a ser usadas por bañistas e alertan dos riscos para a súa saúde.
As/os inspectores faramacéuticos explican que segundo a normativa actual, as praias nas que se detecte unha calidade de auga insuficiente durante 5 anos, son excluídas automaticamente do censo oficial de zonas de baño. Isto implica a prohibición permanente do baño, e a obriga das autoridades sanitarias de informar ás/aos bañistas desta prohibición, mediante os correspondentes carteis informativos. Igualmente, no caso de verteduras, contaminacións de curta duración ou situacións anómalas, as autoridades sanitarias teñen a obriga de informar á poboación.
Por iso advirten do risco que supón o baño nestas praias contaminadas, que seguen a ser frecuentadas polos bañistas con total normalidade. Ademais, afirman que a maioría destas praias “non contan cos preceptivos carteis que indiquen a prohibición do baño, polo que os usuarios descoñecen os graves riscos aos que están expostos”.
Os Farmacéuticos Inspectores, en folga indefinida dende o 18 de maio, para reivindicar melloras na xestión da sanidade ambiental, critican a “pasividade” da Xunta de Galicia na xestión e mellora destas zonas de baño, e desaconsellan o baño en todo caso.
Así, o pasado día 1 de xuño, no acto de entrega das bandeiras azuis, que tivo lugar na praia de Bastiagueiros do concello de Oleiros, as/os inspectoras/es protagonizaron unha entrega simbólica de “bandeiras negras” para as praias con calidade insuficiente, e que, por non estar correctamente sinalizadas, seguen a ser utilizadas habitualmente polos bañistas. As praias consideradas merecedoras destas “bandeiras negras” foron as seguintes:
PROVINCIA DE A CORUÑA
CONCELLO NOME DA PRAIA
Arteixo Ría de Barrañán
Bergondo Regueiro
Boiro Peralto
Camariñas Camelle
Camariñas Area da Vila
Cee A Concha
Fene Barallobre
Ferrol A Cabana
Ferrol Caranza
Fisterra Sardiñeiro
Oleiros Santa Cruz Porto
Pontedeume Centroña
Pontedeume Ver
Sada Delicias
PROVINCIA DE LUGO
CONCELLO NOME DA PRAIA
Burela Penaoural
Cospeito Porto
Fonsagrada Naraxa
Monforte de Lemos Río Cabe
Pobra do Brollón Río Saa
Pontenova Río Eo
Quiroga Conceado
Quiroga Soldón
Ribas de Sil San Clodio
PROVINCIA DE OURENSE
CONCELLO NOME DA PRAIA
A Bola Río Orille (Área Recreativa A Bola)
Allariz Acearrica
Os Blancos Río Eiroa
Lobios Os Baños Riocaldo
Ourense A Chavasqueira
Verín Pazos
Verín Vilela
Vilardevós Río Arzoá
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
CONCELLO NOME DA PRAIA
Bueu Banda do Río
Bueu Agrelo
Mondariz O Val
Ponteareas As Partidas
Pontevedra Rio Lerez
Redondela Arealonga
Redondela Cabanas
Ribadumia Pontearnelas
Sanxenxo Nanín
Valga Vilarello
(Com o Diário Liberdade)
Comentários