Campanha popular promovida pola CNT Compostela tentará erguer monumento à Coluna Sanfins (*)




O grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza (Confederação Nacional do Trabalho Galícia) que organiza, xunto coa Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» de Lousame a homenaxe á Coluna Sanfins, lanzou unha campaña de financiamento do monumento popular dedicado a estas persoas que en 1936 se organizaron para loitar pola liberdade contra o golpe militar fascista.

Que foi a Coluna Sanfins?

O primeiro vídeo en que se explica a visión xeral do proxecto e un segundo en que facemos destaque das persoas que, por un motivo ou outro, foron importantes no sindicato mineiro e na Coluna Sanfins.

Por que?

O monumento popular pretende homenaxear e resgatar esta historia de dignidade e resistencia pouco coñecida e salientar que si existen numerosos exemplos de resistencia na Galiza, en contra do que costumamos ouvir por aí.

A campaña

Xa comezaran a chegar as primeiras aportacións, máis son precisos máis contributos para que entre todas e todos, co noso grao, se poida levar a cabo esta homenaxe.

Os atos terán lugar no próximo domingo, dia 30, a partir das 11h nas minas de Sanfins (Lousame), mais que para participar na campaña de financiamento hai o que resta de mes e o seguinte.

Queres botar unha mao?

Tamén será de grande axuda a difusión, por email, redes sociais, amizades e todos os medios que se ocorran.

(Com o Diário Liberdade)

(*) Grupo de trabalhadores mineiros que, em 1936, resistiram à ofensiva fascista na Espanha.

Comentários